#Claves de la semana

Queda convocada a nova selección galega

Míchel Salgado e Fran convocan a 20 xogadores para o partido contra Venezuela, 4 do Celta e 4 do Dépor


|


Michel Salgado e Fran González acaban de facer pública a convocatoria da nova selección galega, que disputará un encontro o vindeiro 20 de maio en Riazor contra Venezuela. 


Hai 20 convocados, nunha lista con 4 xogadores do Celta e 4 do Dépor, nun día no que a rivalidade debe quedar na casa. Os técnicos piden que todos disfruten dun partido no que os galegos estaremos "todos unidos". "Só haberá os colores da bandeira galega".


Detallando a convocatoria, comezamos pola portería, onde chamaron a Sergio Álvarez (Celta) e Diego Mariño (Levante). 


Na defensa da irmandiña estarán Hugo Mallo (Celta), Barragán (Valencia), Jonny (Celta), Bergantiños (Depor), Roberto Lago (Getafe) e Angelino (City). 


No medio do campo xogarán Trashorras (Rayo), Fran Rico (Granada), Juan Dominguez (Depor), Mosquera (Depor) e Alex Lopez (Shefield). 


Por último, como atacantes galegos irán Denís Suárez (Villarreal), Santi Mina (Valencia), Falqué (Roma), Aspas (Celta), Jota (Eibar), Lucas Pérez (Depor) e Joselu (Stoke).


Un equipo cheo de calidade que fará gozar aos galegos de novo cun equipo común do que todos se poden sentir parte integrante


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE