#Claves de la semana

O parlamento galego anticipa unha campaña dura

Duro cruce de acusacións entre Feijóo e Méndez Romeu, que resucitou a vella polémica polos coches oficiais do bipartito


|




Aínda quedan máis de cinco meses para as eleccións autonómicas, pero os ánimos comezan a caldearse. O que hai unha semana era unha sesión de control para o presidente da Xunta por parte do líder da oposición é hoxe na práctica unha confrontación entre o candidato do PPdG e un dos principais candidatos nas primarias do PSdeG. E o cambio nótase e moito.


Nun tenso intercambio sobre o paro, Alberto Núñez Feijóo non dudou en aludir ao proceso interno dos socialistas galegos, espetándolle a Xosé Luis Méndez Romau que vixiara quen lle proporcionaba os datos, "non vaia a ser que estean traballando para outro candidato.


Non se arredou o socialista, que recolleu o reto verbal contestándolle a Feijóo que deixara de "dar ordes aos seus esbirros" para que lle preparasen dossieres de prensa sobre os candidatos socialistas, pregúntandolle se pensaba repetir "a campaña suxa do 2009" na que Feijóo lle arrebatou á Xunta ao bipartido.


E é que o ano 2009 tamén estivo moi presente, Feijóo resucitou a vella polémica dos coches oficiais do bipartito. Ante as críticas sobre recortes e destrucción de emprego, o líder dos populares espetoulle a Romeu que o que recortaron foron "os despachos, os coches e asesores, e diso sabe vostede bastante. "

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE