#Claves de la semana

​Reclaman un modelo de atención domiciliaria acorde á “nova realidade asistencial”

Que responda aos retos do envellecemento da poboación e das enfermidades crónicas


|


A Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria acaba de reclamarlle ao Sergas un modelo de atención domiciliaria que se adecúe á “nova realidade asistencial”.


Fixérono mediante cartas dirixidas a varios cargos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, nas que poñen de manifesto o “incremento” na demanda de coidados no domicilio na nosa comunidade, froito da situación actual de “envellecemento da nosa poboación” xunto coas “enfermidades crónicas e limitacións básicas da vida diaria”.


Por iso reclaman que a atención domiciliaria teña máis peso nos acordos de xestión, que se melloren os indicadores desta actividade para “coñecer o seu impacto en resultados de saúde e económicos” e que se fomenten as consultas domiciliarias preventivas e de seguimento para así evitar visitas curativas posteriores (realización de curas, administración de tratamentos…)


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE