#Claves de la semana

​A Xunta asegura que “contestou con toda contundencia” a demanda da mineira de Corcoesto

Na que Edgewater compara ao goberno galego co venezolano e chega a insinuar que recibiron peticións de subornos por parte de "amigos do presidente".


|





O secretario xeral técnico da consellería de Economía e Industria, Borja Verea, asegurou hoxe no parlamento galego que a Xunta contestou “con toda a contundencia” o recurso administrativo presentado pola mineira de Corcoesto, no que compara ao goberno galego co venezolano, denuncia presións para contratar compañías concretas e o presidente da compañía chega a insinuar que recibiron peticións de subornos por parte de "amigos do presidente".


Fíxoo ante a pregunta da deputada socialista Marisol Soneira , que reclamou saber se á Xunta lle parecía “normal que se permita que un señor diga estas cousas e non se leve aos tribunais”, recordándolle que “aquel que cala outorga” e acusando á administración de “xogar alegremente coa credibilidade do gobernó”, “tirando ao vertedoiro” a imaxe de Galicia.


Sen mencionar en ningún momento a palabra demanda, o representante da administración sí asegurou que o recurso contencioso administrativo presentado pola empresa mineira fora “respostado con igual contundencia” por parte da Xunta, despois de defender un proceso de tramitación da mina que segundo dixo estivo caracterizado polo “rigor, contundencia e transparencia”.


En todo caso, a contestación non contentou á deputada socialista, que considera que o gobernó galego “eludiu dar conta” de acusacións tan graves como as de chantaxes por parte de amigos do presidente e da existencia de supostos intermediarios ofrecéndose a desbloquar o proxecto a cambio dos seus intereses particulares.


A DEMANDA DE EDGEWATER



A mineira canadense Edgewater foise de Galicia co mel nos beizos, despois de que a Xunta botase abaixo a súa autorización para explotar o ouro de Corcoesto. Naquel momento pareceu unha consecuencia da intensa oposición política e social que espertou o proxecto. Pero na mineira están convencidos de que a administración houbese capeado o temporal se cedesen a determinadas "presións" que segundo eles recibiron.



Así o expoñen na demanda que presentaron contra a administración galega na que comparan ao goberno galego co venezolano polosúa "arbitrariedade", denuncian presións para contratar compañías concretas e chegan a insinuar que recibiron peticións de subornos por parte de "amigos do presidente".


No mesmo día no que trascendeu a demanda Alberto Núñez Feijóo calificou de "calumnias" as acusacións de Edgewater, atribuíndoas ao "despeito" dunha empresa que "non asumiu que non se pode vir a Galicia a facer negocio".



"Creo que este despeito está desproporcionado. Alá eles. Se consideran que Galicia é un lugar onde pode vir explorar os seus recursos, a facer negocio e levar ese diñeiro a outro sitio, confúndense de país e confúndense de Goberno", concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE