​Os afectados denuncian retrasos en tratamentos de Hepatite C para "cadrar as contas"

|





Na Plataforma de afectados pola hepatite C seguen convencidos de que en Galicia houbo retrasos en tratamentos por motivos puramente orzamentarios, como sostén a Fiscalía no proceso iniciado contra dous altos cargos Sergas. De feito, acaban de comunicar novos datos que segundo eles demostran que se retrasaron tratamentos co único obxectivo de "cadrar as contas" do ano 2014, sen que nin sequera se producise ningún aforro real.


Así, denuncian que das 24 solicitudes de tratamento rexeitadas durante o ano 2014, 21 corresponden aos meses de Novembro e Decembro, no que interpretan como un intento de "arrastrar" o coste dos fármacos para os orzamentos do ano 2015, nunha actitude que consideran "repugnante", dunha "gravidade extrema e moralmente incalificable".


Adiantan ademais que aportarán 3 novos casos á causa, respaldando ademais a petición de que sexa declarada como complexa para que poida ampliarse o seu período de instrucción e reclamando que o xuíz "aclare o ámbito penal que se investiga", determinando se mantén o delito de homicidio imprudente solicitado pola Fiscalía ou se pola contra decide arquivalo definitivamente e continuar coa instrucción por un suposto delito delito de prevaricación .


OS INVESTIGADOS "ESQUIVAN RESPONSABILIDADES"


Dende a Plataforma de Afectados tamén aproveitaron para criticar duramente as declaracións dos dous altos cargos investigados no proceso xudicial, o exdirector de asistencia sanitaria Félix Rubial e a subdirectora de Farmacia Carolina Gómez Criado.


Consideran que estes dous altos cargos trataron ante o xuíz de "esquivar as súas responsabilidades facéndoas recaer sobre persoas subordinadas", nomeadamente os membros da subcomisión que autorizaba os tratamentos e nalgúns casos concretos sobre a directora de procesos da área de Santiago, Ana Souto.


Amosan a súa sorpresa ante unhas declaracións que parecen "reducir o seu rol ao de meros administrativos", no que interpretan como unha "forma burda" de eludir as súas responsabilidades. 


O CONSELLEIRO SEGUE RESPALDANDO AOS INVESTIGADOS


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, tamén se pronunciou este mércores sobre o caso para reafirmar o seu apoio para os cargos investigados. 


"Seguimos decindo o mesmo que hai uns meses: os profesionais do Sergas actuaron en todo momento cumprindo os protocolos e o máis importante para eles era preservar a vida dos pacientes". 


Por iso considera que "o lóxico" sería que o caso fose arquivado porque non hai implicación "que vaia máis alá dunha boa labor feita por excelentes profesionais". 


relacionada ​Los investigados por los retrasos de la hepatitis C “dejaron muchas lagunas” según la acusación
relacionada ​Feijóo: "Vincular os cartos coa vida dunha persoa é algo moralmente inadmisible"
relacionada O voceiro dos afectados pola hepatite C: "Para eles non existen as víctimas"
relacionada ​La Fiscalía ve indicios de homicidio imprudente en los retrasos de los fármacos de hepatitis C

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress