#Claves de la semana

​A sustituta de Méndez Romeu fixa a Feijóo no punto de mira do PSdeG

Chama á unidade, pero escolle deputados afíns como viceportavoces


|



Patricia Vilán será a encargada de interpelar a Alberto Núñez Feijóo durante o que resta de lexislatura, trala dimisión de Xosé Luis Méndez Romeu. A deputada socialista, seguidora de Xaquín Fernández Leiceaga nas primarias, asume o cargo apelando á "unidade", reclamando non perder de vista que o "obxectivo" do PSdeG é "gañar as eleccións" e que o seu "adversario" é o PP de Alberto Núñez Feijóo.


Esta mensaxe de unidade ven acompañada dunha profunda renovación de postos nas bancadas dos socialistas no parlamento, onde só 4 dos 18 deputados do PSdeG apoiaron o bando gañador das primarias.


Catro deputados que a partir de agora ocuparán postos de relevancia. A propia voceira escolleu ao coruñés Enrique Vázquez como viceportavoz e á ourensana Noela Branco como viceportavoz segunda. A última dos catro deputados que apoiaron a Leiceaga, a lucense Concepción Burgo, manterá a vicesecretaría da Mesa da Cámara.


Os outros 14 deputados deberán asumir esta reorganización, aínda que Patricia Vilán quixo deixar claro que ela seguirá sendo "a mesma parlamentaria que sentaba de última no hemiciclo". "E fareino diante (no escano de portavoz) igual que detrás, que é igual de ben que o resto dos meus compañeiros", salientou.


"UNHA MULLER FORTE E CAPAZ"


Xunto a ela compareceu ante os medios a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, quen resaltou que Vilán é "unha muller tremendamente forte, capaz e cuns valores socialistas moi fortes".


E se a pontevedresa pedira "discernir os procesos orgánicos" do labor institucional do partido no Pazo do Hórreo, Cancela relacionou a súa elección coa dimisión de Méndez e a posta a disposición da permanente do grupo e non coa identificación de "grupos" ou "correntes" determinadas dentro do PSdeG.


Así pois, aínda que considerou "bo" que se aprecie "una certa identidade entre o candidato á Xunta" coa dirección do grupo parlamentario, a fin de "ser consecuentes" co resultado das primarias, asegurou que haberá integración na permanente.


De feito, Cancela referiu que "é a vontade" de Patricia Vilán que se forme "un equipo" de traballo que permita contar con "un grupo compacto" que "traballe duro nun mesmo sentido. "É o devir normal das cousas", resolveu, antes de resaltar que a aposta por unha muller para o cargo tamén garda relación coa "loita pola igualdade" que caracteriza ao PSOE. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE