8.365 euros de indemnización para os senadores da lexislatura máis curta

|




Deixando aparte por un momento as lóxicas diferencias do debate político, á hora de cobrar puxéronse de acordo todos os senadores galegos. Os 14 representantes de Galicia na cámara alta durante a truncada lexislatura que sucedeu ás eleccións do 20-D cobrarán unha indemnización de nada menos que 8.365 euros. 


O caso galego, que inclúe a todos os partidos con representación, non é ningunha excepción. No conxunto de España,  dos 194 senadores que tiñan dereito á indemnización tan só renunciaron 13, 10 deles do partido popular. 


E dende as cúpulas do partido, resístense a facer comentarios. O único que valorou a medida en Galicia foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recoñeceu que o cobro destas indemnizacións era "moi opinable", aínda que eludiu a pregunta de qué tería feito el mesmo de ser senador, instando a que lla repetiran se se daba o caso. 


Pola súa banda, a deputada de En Marea Yolanda Díaz non quixo xulgar a decisión dos senadores elexidos pola súa coalición aducindo que non tiña datos, aínda que comprometéndose a "responder cando sepa exactamente esta cuestión". 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress