#Claves de la semana

​Unións Agrarias pide un plan financeiro "eficaz" para acaba co débeda das granxas

Considera que as axudas comprometidas pola Xunta este xoves "de pouco van valer"


|

Vacas 16


O sindicato Unións Agrarias minimizou este venres a importancia das axudas comprometidas pola Xunta para as explotacións lácteas con débedas, dentro do paquete de medidas para o sector primario presentado este xoves.


Consideran que "de pouco van valer" se non se acompañan dun plan financeiro "eficaz" para acabar coa débeda das granxas. Segundo a entidade que dirixe Roberto García, as explotacións galegas necesitan "unha liña de contraavales" que soporten a súa "alta carga de endebedamento". 


Para iso, necesítase --desde o seu punto de vista-- "a implicación dunha empresa pública de capital risco como Xesgalicia", que apoie aos produtores de leite, de coello e de vacún.


Mello acollida tiveron en cambio as subvencións para impulsar a plantación de castiñeiros. Segundo Unións Agrarias, a proposta é positiva, aínda que considera que se debe facer dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para que sexa "cofinanciable" pola Unión Europea.


E sen obviar que é necesario ter en conta a ordenación dos cultivos, demandou que os fondos para diversificación sexan entregados a produtores perceptores da Política Agraria Comunitaria (PAC) e non a propietarios sen actividade que ceden as súas terras a outros gandeiros.


De igual modo, pediu que se prioricen as terras nas que hai produtores en activo á hora de levar a cabo a concentración parcelaria. O seu obxectivo, como explicou, é "favorecer a creación de parcelas rendibles".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE