#Claves de la semana

​Mensaxe de Feijóo para o PSdeG: "Isto é un Parlamento, non unha gardería"

Aproveita a estrea de Patricia Vilán como voceira para censurar o apoio dos socialistas a unha proposta do BNG


|





O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou unha pregunta xenérica sobre a situación política actual para censurar o "espectáculo" dos socialistas no parlamento, que apoiaron a tramitación dunha iniciativa do BNG na que se pedía un concerto económico para Galicia.



"Isto é un Parlamento, non unha gardería", sentenciou, antes de instar ao PSdeG para aclarar a súa "opinión" sobre a Constitución, o pacto "cos populismos" ou a proposta nacionalista da cota para que poida haber "un diálogo" cos populares.



Todo isto ante a estrea da nova voceira dos socialistas, Patricia Vilán, que lle preguntara polo autogoberno e polo financiamento autonómico, cuestionando a recente proposta de Feijóo de crear un fondo de cohesión demográfica. Asegurou que Feijóo deixou de pedir "transferencias" desde que o seu compañeiro do PP, Mariano Rajoy, está á fronte do Goberno central.



Na súa réplica, Feijóo deu a "benvida" a Vilán, á que trasladou o seu desexo de que PPdeG e PSdeG poidan "ter un diálogo construtivo", aínda que resten "poucos plenos" para que finalice a lexislatura. Ao tempo, reivindicou que "a transferencia máis importante" do seu mandato foi "manter" o autogoberno e que Galicia sexa "dona do seu destino".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE