#Claves de la semana

Unha manifestación demanda na Coruña un convenio galego do metal

A CIG reclama un acordo que permita "unificar o sector e a normativa laboral".


|


Preto de medio milleiro de delegados da CIG, segundo as contas dos convocantes, manifestáronse este mércores polas rúas da Coruña, demandando un convenio galego do metal  "que permita unificar o sector e a normativa laboral".


Así o explicou o secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Cosé Bouzas Aboi, durante unha marcha na que os participantes tamén rexeitaron o primeiro convenio estatal do metal, asinado a finais de marzo por CC.OO, UXT e Confemetal.


"Non queremos unha negociación entre cúpulas patronais e sindicais en Madrid, afastada dos centros de traballo", sinalou Xoán Xosé Bouzas. Ademais, acusou á patronal de pretender eliminar os convenios provinciais e de buscar abaratar os salarios.


Na mesma liña, recriminou a CC.OO e UXT "entrar no xogo, deixando -á patronal- introducir a reforma laboral no propio convenio". Na mesma liña, alertou de que o convenio estatal do metal reserva, para a negociación en Madrid, materias como a contratación, períodos de proba, número de xornadas de traballo ou normativa en prevención de riscos laborais.


Pola súa banda, a CIG apostou por un marco galego de relacións laborais. "E por iso estamos aquí, demandando un convenio galego do metal que unifique as catro plataformas provinciais e que evite que entre as propias empresas póidase facer a competencia desleal polos custos salariais", explicou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE