#Claves de la semana

Os partidos rematan a campaña coa cabeza posta nos teléfonos que deberán descolgar o luns

PP e En Marea buscan seducir aos socialistas, que confían en evitar o 'sorpasso'. Ciudadanos aspiran a ser "decisivos" e o BNG a recuperar representación no Congreso.


|

Os actos de peche de campaña eran a última oportunidade de pedir o voto para este domingo. E aproveitáronos os cabezas de lista das formacións políticas en Galicia, deixando tamén recados aos que, de momento, son os seus rivais. O luns poden verse como posibles aliados, aínda que quedará, previsiblemente, moito que roer.


20160624 Feijo Corua 1


APOIO DO "SOCIALISMO MODERADO"
O acto central do PPdeG foi no exterior do Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña, onde acudiron unhas mil persoas para apoiar as últimas mensaxes electorais dos populares. Alí, Núñez Feijóo, chamou a votar "para que o populismo non nos rompa tamén".

O presidente do PPdeG e titular do Executivo galego reiterou que, tras estas eleccións, "o lóxico é deixar gobernar o que gañe" e pediu o apoio do "socialismo moderado español" para Mariano Rajoy.

"Isto de perder significa oposición e gañar significa goberno", sentenciou na defensa dun argumento que contrapuxo á postura dos demais partidos. "Ao resto de partidos interésalles o poder e dálles igual entrar despois de perder". "Os políticos estamos para obedecer e obedecer é aceptar o resultado das urnas", apostilou.

VOTO PERDIDO
Pola súa banda, o número un pola Coruña ao Congreso, Miguel Lorenzo, culpou a Pedro Sánchez de que "non houbese un consenso" co PP nas pasadas eleccións e defendeu que o voto a Ciudadanos é "un voto perdido".

Leiceaga2


"CON CABEZA"
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, despediu este venres a campaña en Ourense. Durante a súa intervención no mitin, Leiceaga defendeu que a única alternativa "chámase Pedro Sánchez".

Así mesmo, asegurou que Mariano Rajoy "non ten ningunha posibilidade" de ser o próximo presidente de España, tendo en conta que "non ten socios que lle poidan botar unha man".

"ESPAÑA NON ESTÁ PARA AVENTURAS"
En canto a outras opcións, o socialista advertiu de que "España e Galicia non están hoxe para aventuras", en referencia á proposta que representan Unidos Podemos e as mareas. Neste sentido, alertou sobre "non entregar as chaves do futuro" a un partido que, segundo as súas palabras "cambia de programa cada seis meses".


"Non chega con sorpassos"
Pola súa banda, En Marea arrincou o peche da campaña fixando o obxectivo de conseguir oito deputados e catro senadores e co propósito de "disputarlle" ao PP situarse como lista máis votada. Así mesmo, tamén houbo apelación aos socialistas para lograr un "goberno de esquerdas" na lexislatura que comezará a partir do luns.

O anfitrión do acto, o alcalde compostelán, Martiño Noriega, pediu "un último esforzo" e puxo o acento en que "Temos que disputar a lista máis votada: non chega con dar sorpassos!"

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, apelou aos votantes socialistas para pedir que "esixan ao PSOE" que o día 27 responda á chamada que lle faga Pablo Igrexas.

Cambio, pero "a mellor"
Tamén transcorreu en Santiago o acto central de Ciudadanos en Galicia, onde o cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, José Canedo, aproveitou a súa última oportunidade para pedir o voto aos galegos antes de que conclúa a campaña do 26J para "dicir non aos ladróns e ao populismo" e a optar por "un cambio a mellor" da man do seu partido.

Pola súa banda, desde Vigo, a candidata número uno ao Congreso por Pontevedra, María Rey, expuxo que "se nos votan un un por cento máis de cidadáns, lograremos 10 deputados máis e seremos decisivos". 



Bnginterior


CAMBIO OU VOZ PROPIA

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dirixiuse aos "moitos galegos que dubidan entre cambio ou voz propia" para asegurarlles que "votando ao BNG" terán a "garantía" de "telo todo, cambio e defensa de Galicia, sen renunciar a nada".

No mitin de peche de campaña, celebrado na Praza do Teucro de Pontevedra xunto co cabeza de lista pola provincia ao Congreso, Luís Bará, a dirixente nacionalista animou os simpatizantes do BNG a "dar a sorpresa" nas eleccións deste domingo e, en particular, unha "sorpresa desagradable" ao ministro do Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, "que se dedica a conspirar contra o nacionalismo".

"O CAMIÑO FÁCIL DO POPULISMO"
Pola súa banda, Luís Bará rexeitou o "camiño fácil" do "populismo" e do "espectáculo" para desenvolver o seu concepto da política que, para el, pasa por ter "poder político, autogoberno e poder de decisión".

relacionada Los partidos se reparten las ciudades gallegas para sus actos de cierre de campaña
relacionada El PP reconoce que las grabaciones de Fernández Díaz perjudican su final de campaña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE