#Claves de la semana

​O BNG rompe o bipartito da Deputación de Lugo

A aprobación dos Orzamentos "de costas ao seu socio de goberno" acaba por romper a corda. Láianse dun "ensaio da gran coalición".



|

Deputacionlugo


A Executiva Nacional do BNG dá por "roto" o goberno bipartito provincial na Deputación de Lugo, encabezada polo socialista Darío Campos, e pide á dirección do PSOE en Galicia que "desautorice" o acordo de orzamentos co PP. Esta mañá, o Executivo provincial socialista sacou adiante os orzamentos tras meses de negociación, pero cos votos en contra do BNG. O acordo final fraguouse entre PSdeG, PPdeG e o deputado non adscrito, o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.


En rolda de prensa, a membro da Executiva e vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, lembrou que nacionalistas e socialistas tiñan un acordo marco para gobernar os entes provinciais, pero consideraron que o pacto de orzamentos entre socialistas e populares deixou "fóra" ao BNG do executivo.


Un acordo "anómalo" cando hai un pacto de goberno entre outros dous partidos, dixo. Ademais, considerou que se trata de "un ensaio da gran coalición". "Concluímos que o PSOE e que Darío Campos rompeu o goberno, de costas ao seu socio de goberno cando pacta co PP uns orzamentos", advertiu.


relacionada A Deputación de Lugo consegue aprobar os Orzamentos deste ano
relacionada Archivada la imputación al alcalde de Becerreá
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE