SOS Sanidade Pública reclama un plan para evitar suicidios

|

A plataforma SOS Sanidade Pública insta á Xunta a desenvolver un plan galego sobre o suicidio, unha problemática que "crece alarmantemente". A través dun comunicado, demandou que ese plan estea "dotado cos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema" e que se cren comisións clínico-asistenciais nas distintas áreas sanitarias para, entre outras cuestións, identificar "grupos e situacións de risco e elaborar protocolos de intervención".


Ademais, en tanto non se elabora o citado plan, a asociación solicitou que o Sergas leve adiante "actividades informativas" en colaboración cos medios de comunicación.


Tamén requiriu SOS Sanidade Pública que se mellore "o nivel de coñecemento" dos profesionais de Atención Primaria sobre este problema e que se incremente "a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar as actuacións preventivas adecuadas".

relacionada Pacientes reclaman al próximo Gobierno una ley que proteja a los enfermos crónicos
relacionada ​SOS Sanidade Pública tratará de blindar a ampliación de Montecelo
relacionada Califican de “contos electorais” a promesa de reducción de listas de espera

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress