PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M

​Mario Conde é o galego que máis debe á Axencia Tributaria

A lista de morosos publicada hoxe sinala que mantén a débeda de 9,9 millóns, coma en decembro. A cantidade máis elevada da lista correspóndelle á empresa metalúrxica Acerías As Pontes, con 21,55 millóns.

Redacción
Redacción
| jueves, 30 de junio de 2016, 12:49
  • 0
ARCHIVADO EN | morosos listaxe AXENCIA TRIBUTARIA débeda

Marioconde


A compañía Pescanova saíu da lista de morosos da Axencia Tributaria, que se volveu publicar este xoves, e na que se manteñen outras empresas que figuraban en decembro pasado como Pórtico, Blusens Technology, Autos Lobelle, Galega de Moenda de Clinker e outros debedores.


Mario Conde tamén se mantén. O expresidente de Banesto ten unha débeda de 9,9 millóns de euros con Facenda, a mesma que na anterior listaxe de morosos.


Na listaxe anterior, a pesqueira con sede en Redondela aparecía cun importe duns 4,33 millóns de euros, que correspondían a débedas e/ou sancións pendentes coa Administración tributaria.


Segue no documento a súa filial Frivipesca-Chapela (1,43 millóns). Xa fai seis meses, tras publicarse a primeira listaxe, Pescanova precisou que o saldo de 4,3 millóns de euros co que aparecía era consecuencia da débeda privilexiada xurdida do concurso de acredores e non liquidada a data do 31 de xullo do pasado ano. Ademais, defendeu que fora aboando á Axencia Tributaria diversas cantidades desde entón, quedando entón a totalidade do saldo liquidado, excepto por unhas recargas.


EMPRESAS QUE FORON Á LIQUIDACIÓN


Pórtico, outra compañía galega con sede na provincia de Pontevedra (en Mos) e que tivo que recorrer ao concurso de acredores, pero que acabou coa súa liquidación, consta na táboa cun valor agora algo superior ao de decembro: case 4,4 millóns fronte aos 4,31 millóns de fai seis meses.


Igualmente, a filial de compras do grupo de electrónica de consumo fundado en Santiago acabou o concurso na fase de liquidación, e na lista da Axencia Tributaria anótaselle nestes momentos unha contía algo inferior aos 4,61 millóns de euros de decembro: 4,58 millóns. Blusens tamén aclarou no seu momento que unha parte "moi importante" desta débeda estaba "suspendida" e, por tanto, non podería ser considerada como tal, co que a empresa defendía que non debería estar na listaxe de morosos.


ÁMBITO DEPORTIVO


O ámbito deportivo galego está representado na listaxe de morosos con nomes como o Club Deportivo Ourense SAD, ao que corresponde unha cantidade de 1,06 millóns, aproximadamente.


Tamén, con 1,19 millóns debidos, continúa formando parte da táboa Autos Lobelle, o concesionario de Nissan en Santiago, cuxo dono fundou o Club Autos Lobelle de Santiago Fútbol sala en 1975 (actualmente Santiago Futsal, xa sen José Antonio Lobelle no club).


OUTROS MOROSOS GALEGOS


Entre outras firmas, das case 5.000 que contén o documento publicado por Hacienda, figura cunha cifra que sobresae con respecto ás anteriores a metalúrxica Acerías As Pontes, con 21,55 millóns (coma en decembro).


Outras empresas galegas que están son Gallega de Molienda de Clicker, con sede en Coirós (A Coruña) e dedicada aos cementos, con 6,82 millóns; as ferrolá Montaxes Industriais do Noroeste, con 4,39 millóns; a construtora e promotora inmobiliaria Vialmar Galicia, con sede en Vigo e uns 3,7 millóns; e Hierros y Laminados Añón, con 1,55 millóns.


relacionada La Agencia Tributaria hace pública la primera lista de morosos con Hacienda
relacionada La Audiencia Nacional deja en libertad a Mario Conde
relacionada La CNMV "no se va a permitir" la salida a Bolsa de Nueva Pescanova sin una auditoría clara
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Miñones y Bugallo encabezan las listas del PSdeG por A Coruña, que aprueba el comité provincial

La primer reunión entre BNG y PSOE para un gobierno en Pontevedra sirve para "delimitar el terreno de juego"

Un agente de la Guardia Civil se lanza al agua en Burela (Lugo) para rescatar a una persona de mediana edad

Ratificadas por el comité provincial las listas del PSdeG por Pontevedra, que encabezan Regades y Carmela Silva

Cabeceralomasleido 1
1
Las redes sociales se ceban con el físico de la leyenda del Deportivo de La Coruña Diego Tristán
2
Galicia, entre dos aguas: el beef entre Cabreiroá y Fontecelta viraliza la campaña publicitaria
3
¿Pacto implícito entre Jácome y el PP? Con no agredirse y mandar a Cabezas al Senado les basta
4
Ciclón Óscar: alerta amarilla por lluvias fuertes esta tarde en A Coruña, Pontevedra y sur de Ourense
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora