#Claves de la semana

​Ata setembro, quedan limitadas as visitas á praia das Catedrais

O tope está establecido en 4.812 persoas por día, a "presión humana máxima" tolerable.


|

Playadelascatedrales1200


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en marcha este venres as medidas de protección da praia das Catedrais para o verán, reforzando o persoal e regulando o acceso co fin de preservar e conservar o espazo natural e fomentar un turismo sostible.


A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, lembra que estas medidas estarán en vigor ata o 30 de setembro e dan continuidade ao Plan de conservación do monumento natural que se aprobou en xuño do ano pasado. O plan establece unha afluencia máxima ao areal de 4.812 persoas diarias en tempada alta aínda que poden visitarse libremente as demais áreas habilitadas para o uso público: sendeiro, miradoiro e área de descanso. A cifra contempla a "presión humana máxima"que tolera a praia monumental.


Arias sinalou que a limitación “permite dar solución aos problemas de saturación do espazo e mellora a percepción dos visitantes do monumento natural” e destacou que “existen diversas vías para conseguir a autorización e todas son instantáneas e sinxelas”.


A autorización para o acceso á zona do areal conséguese de xeito telemático, na páxina web habilitada para este fin: https://ascatedrais.xunta.es. A reserva pode realizarse cun máximo de 30 días de antelación á data prevista de visita. Unha mesma persoa pode solicitar autorización para un máximo de 30 visitantes.


Xunto coa autorización é posible reservar unha visita guiada polo monumento, xa que a Xunta pon a disposición dos usuarios un servizo de guía e divulgación ambiental. Dúas persoas encargaranse das visitas guiadas ofrecendo información sobre os valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía. Estas visitas realízanse para un grupo de 25 persoas, cunha duración aproximada de 30 minutos.


O sistema xa funcionou o verán pasado, no que se recibiron preto de 240.000 visitantes. Dentro dos tres meses no que estivo vixente, a cota de 4.812 visitantes só se completou en 14 días, todos eles en agosto. Tamén estivo operativo durante a pasada Semana Santa.

relacionada O Concello de Ribadeo habilitará aparcadoiros nas inmediacións da praia das Catedrais en Semana Santa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE