​Os espazos protexidos pola Rede Natura, ameazados por actividades recreativas

|

TraileumeA Sociedade Galega de Historia Natural vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que prohíba con carácter xeral as actividades recreativas multitudinarias nos espazos naturais recollidos como zonas 1 e 2 no cadro da Rede Natura 2000.


As zonas ás que se refire a asociación son territorios cun "valor de conservación" e con hábitats naturais de especial interese pola súa flora e fauna, polo que a lei obriga a protexelos e conservalos. Porén, acollen, tal como denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural nun comunicado, actividades multitudinarias incompatibles coa protección esixida "no mesmo corazón dos espazos naturais máis valiosos, sensibles e emblemáticos de Galicia".


Dentro destas actividades destacan festivais musicais coma o 'Con V de Valarés', carreiras de obstáculos extremos coma a 'Farinato Race Lugo', carreiras de montaña, rutas de BTT e ata una proba con vehículos 4x4.


Polo tanto, a asociación esixe á Consellería que envíe este tipo de eventos ás zonas non clasificadas como de Espacial Protección e que llelo comunique expresamente a federacións, clubs deportivos e concellos.

relacionada ​O ex-director de conservación da natureza deberá declarar por un suposto delito contra o medio ambiente
relacionada ​Escolares galegos celebran o día do medio ambiente construindo refuxios para animais

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress