​Un párroco pide a excomuñón de Rajoy

|

Parrocomomancura

O párroco de Momán, no municipio lucense de Xermade, Luís Ángel González Patiño, volveu pedir este luns a excomuñón para o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy. Non é a primeira vez que González Patiño dá este paso. De feito, mesmo lembrou que no Bispado lle pediron, cando o fixo con anterioridade, que "non dese nomes".


"Eu contestei: parece mentira que non coñezas o catecismo da Igrexa católica. O de que todo aquel que faga dano ás persoas, sexa directa ou indirectamente, non pode estar porque prexudican a vida e aquel que vai contra a vida non merece estar dentro da Igrexa Católica", remarcou.


"Aqueles que teñen que exercer a función pública para o ben común teñen que utilizar todos os instrumentos que teñen ao seu alcance para que non se cometa ningunha violación dos dereitos humanos e temos escándalos todos os días", esgrimiu. Patiño apóiase ao pedir a excomuñón para Rajoy en que, "como católico, apostólico e romano, non se comprende que se andase desculpando por Blesa, Rodrigo Rato ou Bárcenas".


FEIJÓO TAMÉN OBXECTO DAS CRÍTICAS


No albo das súas críticas tamén situou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, polos supostos atrasos na administración de medicamentos a afectados de hepatites C. "Pedín a excomuñón de Rajoy porque exerce unha función pública, é o presidente e non está a actuar con todas as armas ao seu alcance. Non me caen os aneis por pedila", remarcou.


NOVA MISA POLA ESTRADA


O párroco de Momán oficiaba este domingo unha nova misa na estrada, secundada por un cento de fieis, pola celebración de San Cristóbal, patrón dos condutores, na que reivindicaba melloras para a LU-P-2004.


"Nesa estrada como en todas as galegas hai unha corrupción enorme. En 2004 deuse diñeiro e, onde está ese diñeiro? Esa misa na estrada non é só polo mal estado da vía entre Momán e As Pontes, senón que se dá en toda Galicia. Onde están todos os nosos impostos?", clamou.

relacionada Denuncian ante el arzobispo de Santiago a dos párrocos que se negaron a oficiar en gallego una misa en Marín
relacionada Sorprenden 'in fraganti' a dous ladróns de igrexas en Ourense

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress