#Claves de la semana

​Leiceaga "queda á marxe" do diálogo

O candidato do PSdeG á Xunta insiste na "renovación" das listas, mentres voces do partido o acusan de querer "impoñer os seus".


|

Leiceaga

O candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG, Xaquín Fernández Leicega, volveu insistir na necesidade de presentar "un equipo renovado" para as próximas eleccións autonómicas porque as primarias expresaron "con claridade" a "vontade de que se produza un cambio", que tamén debe afectar as listas.


"Creo que o noso partido a través das eleccións primarias do seu candidato expresou con claridade a súa vontade de que se produza un cambio. E ese cambio hai que facelo tamén nas listas", sinalou a preguntas dos medios nunha comparencencia de prensa celebrada este mércores na sede dos socialistas galegos.


Cuestionado polas declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que este martes quitou ferro á necesidade de renovar as listas e lembrou que mellorou os seus resultados nas eleccións municipais de 2015 repetindo equipo, Leiceaga incidiu que a renovación é "fundamental" e que as listas deben atender ás "demandas" dos cidadáns.


"Iso implica presentar un equipo renovado moito máis axustado nas súas capacidades profesionais ao que é o traballo parlamentario que hai que desenvolver e que conecte mellor cos sectores sociais que aspiramos a representar", remarcou.


"TER EN CONTA" O GRUPO PARLAMENTARIO


Así mesmo, o candidato socialista aclarou que "hai que ter en conta" o actual grupo parlamentario socialista na confección das listas para as galegas, pero que tamén "hai que integrar as sensibilidades" existentes no partido.


CONVERSACIÓNS


O proceso de negociación das candidaturas no PSdeG está en marcha con "conversacións" entre dirixentes a varios niveis. A presidenta da xestora, Pilar Cancela, está a dialogar coas provinciais, pero tamén o candidato, Xoaquín Fernández Leiceaga, está "a falar" con sectores "relevantes" do partido.


O obxectivo é avanzar nun proceso do que empezaron a falar o pasado sábado no Comité Federal, onde houbo unha aproximación de posturas e un intercambio de pareceres, en marco do cal se acordou que haxa un Comité Nacional galego a final de mes para abordar as listas, entre outras cuestións. Ditas candidaturas deberían ser consensuadas e o candidato tería capacidade de influencia.


Ao dito encontro seguíronlle esta semana "outras conversacións e reunións" previas a que o calendario se active oficialmente o próximo día 21. E é que, entre o 21 e o 27, o proceso de elección das listas arrincará oficialmente, xa con nomes, nas asembleas locais.


A continuación, as propostas trasladaranse ás executivas provinciais e debateranse o 29 e o 30 de xullo. Finalmente, o 31 é o día previsto para o informe da xestora galega e a mesma xornada na que podería celebrarse o Comité Nacional pactado.


TENSIÓN REBAIXADA


A pesar de que se rebaixou a tensión ao apoiar en bloque os deputados do PSdeG a Modesto Pose como senador autonómico, os críticos manteñen o seu desacordo coas formas e remiten "aos estatutos", como tamén fixo Abel Caballero. Insisten en que, aínda que o candidato debe ter un papel na confección das listas, a decisión última toca aos órganos do partido.


De feito, dirixentes do Grupo Parlamentario inciden en que Leiceaga "queda á marxe" do diálogo aberto para as listas porque pretende "impoñer aos seus".


Mentres, a xestora sitúa "na normalidade" que haxa "conversacións" no mes no que se van a pechar as listas e apelan ao "consenso".

relacionada ​Las listas electorales elevan la tensión interna que vive el PSdeG
relacionada As listas electorais son o seguinte exame para a "concordia" no PSdeG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE