Gómez Noya di adeus a Río
O triatleta galego rompeu un brazo adestrando na bicicleta en Lugo e terá que pasar polo quirófano. "Pode ser o momento máis duro da miña vida", di o pentacampión mundial.
Javier Gómez Noya, pentacampión mundial de triatlon, sufriu unha fractura no seu brazo esquerdo que o obriga a pasar polo quirófano e a dicir adeus aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.
O mércores pola tarde caeu "case en parado" mentres adestraba na bicicleta. As radiografías que lle fixeron no hospital confirmaron a gravidade da lesión: fractura con desprazamento na cabeza do radio.
O triatleta centrou esta temporada en chegar a punto á cita olímpica, deixando de lado o mundial. Por iso, se cabe, é máis difícil de asumir a ausencia: "É difícil de entender como de repente se vai todo o esforzo e ilusión que puxen nos Xogos Olímpicos. Pode ser que sexa o momento máis duro da miña vida deportiva. Pero non me queda máis remedio que asumilo e pensar en ter unha boa e rápida rehabilitación", lamentou Gómez Noya.
Con esta baixa, España perde unha das súas principais opcións de medalla nas competicións olímpicas.
Gómez Noya consigue el Premio Princesa de Asturias de los Deportes
Escribe tu comentario