#Claves de la semana

O BNG, entre a "tensión" e a "pluralidade"

O 'Chamamento de Vidán', crítico co rumbo do Bloque, fai recordar as escisións, mentres os dirixentes apelan a que "todos os nacionalistas" traballen conxuntamente.


|

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, negou que existan "tensións" no Bloque tras publicarse o denominado 'Chamamento de Vidán', no que cargos nacionalistas apostan por profundar na configuración dunha alternativa nacionalista para as próximas eleccións autonómicas e en diante.


Así o apuntou tras ser preguntada pola prensa nunha rolda de prensa sobre Angrois na que estivo acompañada pola portavoz do BNG na UE, Ana Miranda, unha das asinantes do 'Chamamento de Vidán'.


Neste sentido, Ana Pontón sostivo ante Miranda que hai "moi bo ambiente" no BNG. "Non teño ningunha tensión", chanceou. Cuestionada sobre como "encaixou" ese texto crítico co rumbo do BNG, Pontón sostivo que "non hai nada que encaixar", xa que o Bloque "é unha organización democrática", "con miles de persoas traballando na defensa de Galicia", con "un obxectivo en común de que todos os nacionalistas estean a traballar conxuntamente" para "deixar atrás sete anos negros de Feijóo" nos que houbo "máis paro, máis precariedade, menos medios e menos recursos".


Pola súa banda, Ana Miranda limitouse a sinalar que ela participou no manifesto do 'Chamamento de Vidán' porque no BNG hai "liberdade" e por iso "hai pluralidade", á vez que emprazou a "traballar en equipo", antes de resolver que non desexaba opinar máis sobre cuestións internas do Bloque.

relacionada ​O nacionalismo busca o camiño para reverter a "decadencia electoral do BNG"
relacionada ​Anova y BNG marcan distancias y alejan la opción de un polo nacionalista
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE