​Unha empresa ourensá distribuirá online para España as producións da Fox

|

Tendeustecnopole


Tendeus, a empresa especializada en comercio electrónico situada no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, distribuirá para toda España as películas e series da multinacional norteamericana Twentieth Century Fox a través dunha nova plataforma online. Logo de conseguir este acordo coa compañía líder na industria cinematográfica, a empresa galega comercializará para todos os suscriptores españois o catálogo completo de contidos a partir do mércores día 20 a través de Foxdirect.es.


Series de éxito como Os Simpson ou Homeland e películas que xa son clásicos, como Titanic ou Avatar, xunto con novidades como Deadpool, forman parte da oferta de Twentieth Century Fox Home Entertainment (TCFHE). En total, a empresa ourensá poñerá no mercado a través de internet máis de 3.000 referencias, que se irán ampliando de maneira continuada.


FoxDirect España recolle o formato de e-commerce empregado con éxito no Reino Unido e que permite que empresas e colectivos poidan acceder a descontos exclusivos promocionais para os seus clientes ou empregados sobre todo o portfolio de Fox Home Entertainment. 


Tendeus é unha consultora especializada en TIC, integrada por un equipo multidisciplinar, especialista en comercio electrónico. Traballou na integración de plataformas de referencia como Amazon, eBay, Rakuten, El Corte Inglés e Carrefour. En total, máis de cincuenta plataformas e-commerce en todo o mundo.

relacionada O primeiro notebook deseñado en España nace na Tecnópole de Ourense

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress