#Claves de la semana

​O bombeiro ferido grave en Ribas de sil está "estable" e pendente de evolución

Continúa ingresado na unidade de queimados do CHUAC. O alcalde do concello lugués manifesta que "se tiña que ter evitado" o perigo.


|

Motobombaincendioforestal

O condutor dunha motobomba ferido este luns na extinción dun lume en Ribas de Sil (Lugo) continúa ingresado na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e o seu estado é "estable". Así o confirmaron fontes do centro hospitalario, que apuntaron a que haberá que esperar ata o mércores para coñecer a súa evolución.


O traballador, condutor dunha motobomba, resultou ferido de carácter grave por queimaduras mentres traballaba na extinción do incendio forestal e despois de que un cambio na dirección do vento provocase unha variación brusca do sentido das chamas.


No mesmo suceso resultaron afectados por queimaduras, aínda que de menor entidade, un axente e un técnico. Así mesmo, outro condutor de motobomba resultou lesionado tras envorcar o vehículo que conducía e un peón sufriu un golpe de calor.


MARCHA ATRÁS


O alcalde do municipio lugués de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, asegurou este martes que o incendio rexistrado na localidade foi "moi espectacular" e considerou que os feridos producidos a consecuencia do mesmo poderían "evitarse".


Para o rexedor, o vehículo motobomba que quedou calcinado polo lume, e cuxos ocupantes resultaron feridos, debería ter entrado "marcha atrás", e non de fronte. "Eu non son experto en lumes, pero creo que o vehículo tiña que entrar 'de cu' para saír en caso de perigo, tíñase que ter evitado", asegurou.


Con todo, admitiu que a situación se volveu perigosa cando se produciu un "cambio de dirección" no vento e, en consecuencia, unha variación brusca no sentido das chamas. Sotuela apuntou que o lume foi "moi espectacular" porque se orixinou "moi preto das casas, case no centro urbano" e con "corenta e catro graos de temperatura".

relacionada Evacúan cinco bombeiros forestais feridos nun incendio en Ribas de Sil
relacionada A Xunta dá por controlado un lume forestal en Lobios
Última hora

1 Comentarios

1

Como ben di o alcalde, el non é un experto. Zapateiro aos teus zapatos

escrito por Felipe 19/jul/16    23:09

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE