O HULA amplía o servizo de radioterapia

|

HULA entrada1.grande

O xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Ramón Rico Ares, anunciou que o centro contará cun segundo acelerador para o servizo de radioterapia no mes de outubro. "A previsión, co plan de adquisición e co contrato coa propia empresa, é que en outubro estea o segundo acelerador. Nós xa iniciamos o procedemento, porque é un procedemento longo e complexo de certificación da sala e para que estea autorizado polo Consello de Seguridade Nuclear para tentar axustar o máximo posible", explicou, en declaracións aos medios.


Amparándose nesa previsión, o xerente confía que en outubro "estea aquí o segundo acelerador, e, a partir de aí, tentar acurtar todo o posible para empezar a funcionar". En canto ao persoal, calculou que necesitará "técnicos" traballarán por "quendas".


Ares tamén falou sobre o peche dunha planta de xeriatría no HULA, nunha provincia na que máis do 28 por cento da súa poboación conta con 65 ou máis anos. "Axustamos as camas que necesitamos para a poboación que temos que atender, e se pechamos unha planta de 30 camas temos as 720 restantes que poden ser utilizadas para xeriatría, oncoloxía, para pediatría ou calquera especialidade", apuntou o xerente, que asegurou que "calquera persoa en Lugo, de máis de 65 anos, que necesite coidados de xeriatría ten á súa disposición todas as camas do HULA, menos as de pediatría".


Ramón Ares aproveitou ademais para negar que se fixesen "contratacións por horas", aínda que admitiu que descoñece se se produciron "por medias xornadas, que se poden facer en función das necesidades".

relacionada CSI-F alerta de "grave" desabastecimiento de material y medicamentos en el hospital de Lugo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress