#Claves de la semana

​Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar reclaman a equiparación co resto de empregados públicos

Volvéronse concentrar diante da sede da empresa despois de que, hai tres semanas, Rey Varela se comprometese no Parlamento a aprobar un convenio para eles.


|

Consorcioigualdadebebestarsindicatos


O persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar concentrouse hoxe diante da sede da empresa pública para reclamar a posta en marcha "de xeito inmediato" das reclamacións que lle veñen facendo nos últimos tempos á Xunta de Galicia.


A protesta de hoxe foi respaldada por UGT, CCOO e CSIF e, nela, os traballadores reclamaron a súa adhesión ao V Convenio do persoal laboral da Xunta, un sistema de listas público e actualizado, a equiparación salarial do persoal, un sistema de mobilidade xeográfica xusto e unha oferta pública de emprego que dea estabilidade laboral no Consorcio.


Nun comunicado, sinalan que "cada unha das anteriores reivindicacións son xustas e conforme a dereiro", segundo a propia normativa galega.


Hai tres semanas, no Parlamento, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, prometeu negociar e aprobar un convenio para o Consorcio. Asegurou na súa intervención, que presenciaron representantes dos traballadores desde a tribuna de convidados, que a "diversidade do status laboral" do persoal do Consorcio "complica" o desenvolvemento dunha "solución para todos", en referencia á aplicación para estes empregados do V Convenio do persoal da Xunta.

relacionada ​O Consorcio de Igualdade e Benestar consegue retomar a negociación do seu convenio
relacionada Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar loitan por un convenio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE