#Claves de la semana

​O Dépor pecha a cesión de Carles Gil

O centrocampista levantino, do Aston Vila, chega, en principio, por unha tempada. O luns chega á Coruña o dianteiro romanés Florin Andone.


|

Carlesgilfichajedeportivo

Carles Gil, nova fichaxe do Dépor. // RC Deportivo


Carles Gil convértese en novo xogador do Real Club Deportivo para esta tempada. O centrocampista levantino chega cedido por un ano, procedente do Aston Vila. Internacional sub 21, Carles Gil formouse na canteira do Valencia Club de Fútbol, xogou cedido no Elxe dúas tempadas, unha en Segunda e outra en Primeira. Tras regresar ao Valencia, o ano pasado foi traspasado ao Aston Vila.


O xogador xa está na Coruña e pasou o recoñecemento médico. "Desde que o Deportivo se interesou por min foi a primeira opción. Compañeiros e amigos que estiveron aquí faláronme xenial de todo, fíxose un pouco longa a espera pero ao final mereceu a pena, estou moi feliz. É un gran Club de Primeira, o proxecto deste ano é moi ilusionante en canto a xogadores e corpo técnico", declarou o xogador.


OUTRO FEROZO PARA O ATAQUE


O capítulo de entradas segue co dianteiro Florin Andone, que está previsto que chegue o luns 25 á Coruña para pasar o martes o recoñecemento médico no hospital HM Modelo. Tras o requisito, o internacional romanés pechará a súa incorporación á disciplina branquiazul.


Florinandone


O xogador, procedente do Córdoba CF, chegará a última hora do día para aloxarse no hotel Tryp Coruña e ás 09:30 horas do martes pasar próbalas pertinentes no centro médico de Cálea Vicerrei Osorio.

relacionada ​Pablo Insua renueva con el Dépor, pero seguirá en Leganés
relacionada ​O Dépor reforza a portería co polaco Tytoń
relacionada ​Juan Domínguez xogará cedido no Mallorca
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE