#Claves de la semana

O BNG aproba as listas electorais para as galegas

É a primeira formación en anunciar os candidatos, que foron elixidos "sen ningún voto en contra" polo Consello Nacional.


|


Listasbng


O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado "sen ningún voto en contra" as listas de candidatos para as próximas eleccións autonómicas de outono, polo que se congratulou de ser a primeira organización en aprobar as súas listas e asegurou que "son tempos de poñerse a traballar".


Así o apuntou a candidata á Xunta e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tras a reunión do Consello, no que se ratificou a proposta, xa aprobada este mércores en asemblea por un 92 por cento de votos a favor. Así mesmo, sinalou que o BNG non só ten un proxecto, senón a xente comprometida para "poñer por diante os intereses dos galegos".

Neste sentido, lembrou que Galicia necesita unha alternativa propia e "pensada desde o país" para acabar cun goberno do PP que nestes anos deixa "máis pobreza, máis paro e máis desigualdade", ao que engadiu que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo "máis dano que Fraga en 16 anos".

Deste xeito, Pontón incidiu en que Galicia ten capacidade para seguir cara a adiante e que o seu "ambicioso programa electoral" implicarase no ensino, o ecoloxismo, o feminismo, a cultura e a lingua, entre outros ámbitos da vida social.

NOVOS ROSTROS

Á candidata á Xunta acompañábana os cabezas de lista polas catro provincias galegas. Olalla Rodil, por Lugo; Noa Presas, por Ourense; Luís Bará, por Pontevedra; e Xosé Luís 'Mini' Rivas como segundo pola Coruña, xa que o primeiro posto ocúpao a propia Ana Pontón.

Desta forma, a aspirante e portavoz nacional destacou que son representantes procedentes de diferentes ámbitos laborais, desde o ensino, o xornalismo e o "precario" sector do telemarking, pero sobre todo, "son rostros preocupados por Galicia".

O Consello Nacional tamén realizou un balance da última lexislatura, na que tan só dúas deputadas dos sete parlamentarios actuais no Parlamento de Galicia se manteñen nas listas, que son a propia Ana Pontón, e a cambadesa Montse Prado.


AGRADECEMENTOS

Neste sentido, agradeceu o labor realizado durante estes anos nos que, segundo resaltou, traballaron con "humildade e con dedicación", ademais de denunciar "todos os desastres do goberno de Núñez Feijóo".

Dentro deste agradecemento, Pontón dedicou unha mención especial ao actual portavoz parlamentario e que foi candidato á Xunta, Francisco Jorquera, quen nestas eleccións pechará a candidatura pola Coruña.

Pontón sinalou que Jorquera foi "o mellor parlamentario nos últimos anos", e asegurou ter aprendido moito do seu traballo. Ademais, lembrou que o político coruñés seguirá axudando para fortalecer o traballo do BNG, pero desde outros ámbitos.

LISTAS COMPLETAS

Deste xeito, o BNG fixo pública a candidatura completa, que ten como cabeza de lista pola Coruña a Ana Pontón, seguida por Xosé Luis Rivas Cruz "Mini", Rosana Pérez, María Xosé Bravo, Manuel Polo Gundín, Belén Lendoiro, Manuel Soto Castiñeira, Silvia Pardo, César Pérez Martínez, Raquel Suárez Regades, Ramón Rodríguez, Vitoria Louro, Iago Varela, Navia Rivas de Castro, Carme Rei, Xosé Emilio, Elvira Blanco, Leandro Lamas, Elvira Blanco, Leandro Lamas, Elvira Souto Presed, Francisco Souto, Concha de la Fuente, Anxo Moledo Carreño, Pilar García Negro e Francisco Jorquera como peche de lista.


Pola provincia de Lugo sitúase como número uno Olalla Rodil, seguida de Mario Oureiro, Montserrat Porteiro, Xosé Manuel Peña, Mónica Rodríguez, Emilio Sánchez, Mar Pérez Fra, Roberto Bouça, Mónica López, Xosé Antón Ledo, Isabel Pernas, André Sánchez Lavandeira, Andrea Martíns e Cosme Pombo.

Así mesmo, a provincia de Ourense está formada por Noa Presas Bergantiños, Suso Vilasánchez, Maribel Pousa Rey, Ángel Amaro Quintas, Diego Lourenzo, Sofía García, Luís Pérez, Sofía Carril, Xosé Luís Freire, Ximena González, Puri Caldelas, Marcos Fernández e un último posto reservado para unha posible incorporación.

Por último, a provincia de Pontevedra presenta como número uno a Luís Bará, Montse Prado, Marta da Costa, Silvia Carballo, Alberte Mera, Susana Camba, Diego Santório, Olalla Obelleiro, Guillerme Inacio, Jéssica García, Xosé Manuel Méndez, Lucía César, Xosé Manuel Atanes, Ana Crespo Bastos, Xosé Antón Outeiro, Helena Vilas, Xavier Rodríguez, Anabel Gulías, Rocío Barreiro e Daniel Rodas.

relacionada O nacionalismo, a exame no Día da Patria
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE