Extinguido o incendio forestal de Arbo

|

Incendiobombero


Pouco antes das 8 e media da mañá quedou controlado o incendio forestal que se declarou na madrugada do martes no concello pontevedrés de Arbo, concretamente, na parroquia que dá nome ao municipio.


Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada sitúase sobre as 110 hectáreas, das cales 75 son de monte arborado e as 35 restantes de raso. 


Os medios mobilizados incrementáronse durante o día, e na súa extinción traballaron en total 1 técnico, 9 axentes, 25 brigadas, 11 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén tiveron que acudir bombeiros de Ponteareas e de Portugal.



Un bombeiro forestal que trabalou na extición subiu á súa conta de Facebook (@Yoskan Yoska Yos) un vídeo da primeira liña de loita contra as chamas.


O alcalde  de Arbo, Horacio Gil, confirmou que o lume estivo preto das casas e chegou a ameazar 12 vivendas, das que dúas estiveron "en serio perigo".

relacionada ​Protección Civil reparte en el rural folletos sobre prevención de incendios
relacionada ​A loita contra incendios sumará en agosto catro helicópteros

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress