Cada semana nacen en Galicia dous novos operadores de agricultura ecolóxica

|

Agriculturaecoloxica


A agricultura ecolóxica mantén o seu ritmo de crecemento en Galicia, pasando de case 800 operadores en 2015 aos aproximadamente 900 no que vai de ano.


Así o asegurou a vicerpresidenta do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Rocío Freire, na presentación da Feira Ágora Verde que acollerá Sada (A Coruña) esta fin de semana. Na súa presentación, Rocío Freire indicou que estas iniciativas buscan achegar "os produtores máis pequenos aos consumidores", ademais de dar a coñecer a estes "as vantaxes dos produtos ecolóxicos".


Deste sector, destacou o crecemento "espectacular" no últimos oito anos. Así, dixo que, de 10.000 hectáreas certificadas, pasouse a 20.000 certificadas o ano pasado.


Tamén remarcou que, desde 2008, triplicouse a facturación destes produtos, "chegando aos máis de 33 millóns de euros en 2015". Especialmente, destacou o aumento de operadores. Así, dixo que, fronte aos case 800 que había en 2015, "no que levamos de 2016 son sobre 900, unhas 200 industrias e o resto produtores primarios", expuxo.


FEIRA EN SADA


Pola súa banda, o Concello de Sada remarcou que a feira busca "fomentar o consumo saudable", "concienciar" á cidadanía, pero tamén "dinamizar" o comercio sadense.


A feira, a cuxa presentación asistiron o alcalde de Sada, Benito Portela, e o concelleiro de Promoción Económica, Liss Becerra, contará con produtos ecolóxicos de licores, ovos, queixo, castaña, marmeladas, zumes, carne, plantas culinarias, medicinais e aromáticas ou flores comestibles, ademais de produtos apícolas, entre outros.


Xunto a talleres para nenos e xogos tradicionais, haberá degustacións gratuítas. Ademais, o sábado día 6, de 20,30 a 21,30 horas, poderase gozar de cócteles con alcol e sen alcol.


Á feira, confirmaron a asistencia unha vintena de produtores procedentes de localidades como Xinzo da Limia, Quiroga, Malpica, San Sadurniño e Chantada, entre outros municipios galegos.


CONVENIO CO BANCO PASTOR


O director de Negocio Agroalimentario do Banco Pastor, Roberto Rodríguez, asinou un convenio co presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) para potenciar a mellora, crecemento e desenvolvemento deste sistema de cultivo.


En concreto, o acordo, que foi rubricado este mércores en Monforte de Lemos, permitirá que a entidade bancaria poña a disposición dos asociados de Craega unha oferta de produtos deseñados en función das súas necesidades, como contas de crédito con financiamento inmediato e anticipos de subvencións e préstamos de campaña.


Deste xeito, aspírase a apoiar ás persoas que queiran incorporarse ao sector da agricultura ecolóxica e mellorar a competitividade deste para, deste xeito, favorecer o desenvolvemento do rural galego.

relacionada ​Denuncian que o TTIP "sementará perdas" na agricultura galega

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress