A Festa da Auga vai ser un reto para a seguridade

|

Festadaauga


Vilagarcía prepárase para que as festas de San Roque e a Festa da Auga transcorran coa máxima tranquilidade posible. Para iso,a Xunta Local de Seguridade da cidade acordou que tanto a Policía Local como a Policía Nacional reforcen o número de patrullas de cara ao 16 de agosto, día máis complicado de todas as festas.


Para "garantir a máxima seguridade" na Festa da Auga, a Policía Nacional "triplicará o seu servizo", tal e como informa a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.


Na reunión destacouse que moitos dos asistentes á festa se desprazan en tren, polo que se marca tamén como "prioridade garantir a seguridade na entrada e saída da cidade". Na xuntanza participaron o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, que copresidiu xunto co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a Xunta Local de Seguridade de Vilagarcía con motivo de las festas de San Roque e a Festa da Auga.


También asistiu o concelleiro de Seguridade, Juan Antonio Pérez; representantes da Policía Nacional; da Policía Local e do servizo municipal de Emerxencias.

relacionada ​Santiago blinda su seguridad con un dispositivo de "especial dimensión"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress