​As familias "en situación delicada" terán unha axuda para medicamentos

A subvención parte da Xunta, pero vana xestionar os concellos. Non hai estimación do número de posibles perceptores.



|

Medicamentosfrmacos


O presidente da Xunta anunciou este xoves unha subvención destinada á compra de fármacos por parte daquelas familias "en situación delicada" que teñan fillos menores de 16 anos ao seu cargo.


Trátase, como explicou Feijóo na roda de prensa posterior ao Consello da Xunta, de que esas familias poidan recibir unha subvención de "ata o 40 por cento" da achega que os cidadáns teñen que facer para adquirir os seus fármacos, que pode alcanzar o 50 por cento do seu custo.


Esta liña de axudas que se establece por vez primeira en Galicia enmárcase na Axenda Social Única pactada pola Xunta coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza o pasado mes de xuño.


A esta orde de axudas, que xestionarán os concellos, o Executivo autonómico destinará tres millóns de euros. Sen unha estimación aínda do número de posibles perceptores, o que si está establecido, segundo o presidente, é que o tope por persoa e ano non poderá superar os 120 euros salvo que "a situación médica o aconselle".

relacionada ​A Xunta e a Fegamp pactan unha axenda social para 5 anos a 5 meses das eleccións
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE