#Claves de la semana

​O Órgano de Transparencia da Xunta móstrase opaco coa sanidade

Non informa nin das listas de agarda "non estruturais" nin dos informes económicos para derivar pacientes á privada.


|

Consultamedica


A Coordinadora AntiPrivatización da Sanidade Pública da Coruña vén de recibir a resposta do Órgano de Transparencia da Xunta de Galicia sobre a petición de datos das listas de agarda "non estruturais" e os informes económicos que avalan a derivación de pacientes a centros privados.


Desde a asaociación, nun comunicado defenden que "como cidadáns temos dereito a saber como se están a xestionar os nosos recursos", pero lamentan que "o nome deste organismo non se corresponde coa realidade dos feitos, como case todo o que ocorre na sanidade pública galega"


Así, a coordinadora lamenta que non se lle facilitase o acceso a "ningún tipo de información ou aclaración" sobre as esperas dos "doentes que non teñen data para a súa cita, proba ou operación cirúrxica, ou aqueles que se negaon a ser derivados a un centro privado". Aclaran qeu estes casos non están recollidos nas listas oficiais.


Os informes económicos que avalan as derivacións de doentes a centros privados fóronlles negados "por pentencer ao historial do paciente". Desde a coordinadora aseguran que non queren a información persoal dos pacientes, pero si solicitan saber "que criterios se utilizan e que empresas son as beneficiarias nos diferentes servizos do Sergas". Pois, manteñen que "unha plena utilización dos nosos recursos sanitarios é mais económico cas derivacións a centros privados".


Polo tanto, anuncian que seguirán "os cauces legais pertinentes" para recibir a información solicitada.

relacionada ​Esperamos más de 61 días por una operación y 35 por una primera consulta
relacionada ​Reclaman transparencia nas listas de espera
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE