Un falecido e unha ferida moi grave nun accidente de moto en A Rúa
Un home de 40 anos morreu e unha moza de 28 quedou ferida moi grave en A Rúa nun accidente rexistrado a tarde do luns.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro aconteceu arredor das 15,30 horas na N-120 en dirección a Valdeorras.
Logo de recibir a chamada dun particular, o 112 Galicia mobilizou ó 061, Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Valdeorras, que indicaron que un dos ocupantes da moto falecera. O outro ocupante saíu despedido e caeu por un terraplén, onde foi rescatado.
Ó lugar do accidente chegou un helicóptero medicalizado para atender aos feridos. O varón faleceu no mesmo punto do accidente, mentres que a muller foi rescatada e evacuada ó hospital de Valdeorras. Onte pola tarde foi intervida no CHOU onde permanece con prognóstico moi grave.
Rescatados os cinco tripulantes do pesqueiro ‘Segundo Durán’ que afundiu en Ribeira
Escribe tu comentario