#Claves de la semana

A ‘tarifa plana’ de 50 euros beneficia a máis de 50,000 autónomos en Galicia

Galicia é a quinta comunidade autónoma con maior número de afiliados á tarifa, por detrás de Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana.


|


Autonomosgalicia


A chamada “tarifa plana” de cotización á Seguridade Social para incentivar a novos autónomos, xa beneficiou a 926.521 emprendedores no conxunto de España, dos cales case un 40% son menores de 30 anos, informa o Ministerio de Emprego. En Galicia concretamente benefícianse 51.127 autónomos, un quinto posto dentro das comunidades con máis afiliados á bonificación, despois de Andalucía (174.876), Cataluña (152.500), Madrid (124.438) e a Comunidade Valenciana (105.697).


Os autónomos tamén poderán manter a “tarifa plana” cando contraten a traballadores, segundo o proxecto de Lei pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de auto emprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da economía social.


50 EUROS NO PRIMEIRO SEMESTRE


Durante os seis primeiros meses aplícase unha redución do 80% na cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo de cotización vixente en cada momento nese Réxime. Desta maneira, o novo autónomo menor de 30 anos poderá cotizar durante ese primeiro semestre unha cota de aproximadamente 50 euros.


Transcorrido o primeiro ano dende a alta no RETA, os homes de ata 30 anos e as mulleres de ata 35 beneficiaranse dunha redución e bonificación nas súas cotizacións dun 30% durante os seguintes 18 meses.


No caso de mozos menores de 35 anos cun grado de discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%, a redución do 80% aplicaríase durante os 12 primeiros meses en vez de 6, e logo manteríase unha bonificación do 50% ata un máximo de 5 anos. 

relacionada ​O turismo do verán fai medrar a cifra de autónomos en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE