​O turismo do verán fai medrar a cifra de autónomos en Galicia

|

AutonomosgaliciaO número de autónomos aumenta en Galicia en 711 persoas en xuño ata un total de 217.444 fronte aos 216.733 de maio, segundo datos de afiliación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Este incremento prodúcese principalmente no sector servizos, relacionado co turismo, o que segundo a Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar-Upta) "confirma a importancia da estacionalidade do traballo por conta propia en Galicia".


Con todo, destaca que "este dato é positivo", xa que indica que "se consolida o crecemento de traballadores autónomos e autónomas" na Comunidade galega. Así, Agtamar-Upta espera que "os datos de crecemento se consoliden nos próximos meses a pesar da estacionalidade destas actividades económicas".


relacionada ​Los fisioterapeutas denuncian presiones para trabajar como falsos autónomos
relacionada Galicia sumó menos autónomos durante 2015

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress