​Os regatistas galegos estréanse na competición olímpica

|

Echavarrivela

Fernando Echávarri e Tara Pacheco. //Foto: costaldelmar_es twitter


Este mércores pola tarde comezan as competicións de vela para os galegos que viaxaron a Río. O primeiro en subir ao veleiro é o pontevedrés Fernando Echávarri, que compite xunto coa canaria Tara Pacheco. Serán os primeiros Xogos nos que compitan xuntos, pero non son novatos: Fernando participou en Atenas e Pekín e Tara fixo o propio en Londres.


O venres será o turno dos outros dous regatistas galegso, o 49er X da pontevedresa Támara Echegoyen, que aspira a repetir no Brasil o ouro de Londres, e o do barbanzán Iago López.


A vela é o deporte con máis medallas olímpicas no casilleiro español, con 13 ouros, os dous últimos en Londres, e outras seis medallas máis.


TIRO CON ARCO


Outro Galego, o pontés Miguel Alvariño, caeu eliminado en dezaseisavos fronte ao surcoreano Lee Seungyun, oitavo do mundo. Polo tanto, remata a súa participación olímpica. Na primeira das eliminatorias superara o francés Lucas Daniel.


NATACIÓN


Esta madrugada, Michael Phelps fixo aínda máis grande a súa lenda, ao conseguir a terceira medalla nestes Xogos e chegar aos 21 ouros en toda a súa carreira. Conta con 25 en total. O mellor nadador de todos os tempos gañou a final dos 200 metros bolboreta e o 4x200 libre.


Pola súa banda, Mireia Belmonte, a estrela española da natación clasificouse para a final dos 200 metros estilos, tras pechar as 'semis' coa segunda mellor marca de todas as participantes.

relacionada ​María Vilas, en boa compaña
relacionada ​Día regular para os deportistas galegos en Río

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress