#Claves de la semana

​A única farmacia de Folgoso do Courel está "desabastecida"

Os veciños, moitos deles de idade avanzada "e sen coche", téñense que desprazar a outros concellos a polos medicamentos.


|


Medicamentos


A alcaldesa de Fogoso do Courel, a popular Lola Castro, advertiu este martes de que a "situación é lamentable" porque a única farmacia do concello se atopa "desabastecida", para un censo por encima dos 1.400 habitantes.

Isto provoca que os veciños, cunha poboación "moi" envellecida, se teñan que trasladar a farmacias dos concellos limítrofes, ou ben Pedrafita ou ben Quiroga.

A rexedora precisou que "os propietarios dixeron" que ían tentar emendalo e "negociar co banco para tentar solucionar o problema, pero parece que non é posible". "Chegou un momento en que tivo que intervir a Xunta, mandamos escritos á Xunta e esa farmacia é a máis importante de Folgoso", explicou.

Respecto diso, apuntou que "no outro núcleo en Seoane (do Courel) hai un botiquín e no botiquín vaise poñer a actuar xa a Xunta". "En setembro vai estar o tema solucionado, co botiquín pódese abastecer o outro núcleo importante. O da farmacia é máis difícil porque hai unha concesión e é máis complicado", puntualizou.

Ademais, destacou que, "por desgraza", a poboación está "envellecida e moitos veciños sen coche, polo que teñen que coller un taxi para ir ao médico e outro para ir a Quiroga ou a Pedrafita, que son os municipios coas farmacias máis próximas".

relacionada ​Las farmacias no consiguen abastecerse de vacunas contra la meningitis
relacionada ​Os farmacéuticos inspectores en folga aceptan unha proposta da Xunta para negociar
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE