#Claves de la semana

Achados os restos dun berciano represaliado "con signos de violencia"

Os restos mortais foron atopados na localidade lucense de Quiroga, e pertencen ao ferroviario berciano Xulio Bello Sierra.


|

Juliobellosierra


A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) recuperou este martes os restos do ferroviario berciano Xulio Bello Sierra, represaliado pola represión franquista en 1936 e que se atopaba na localidade lucense de Quiroga.


O equipo arqueolóxico, dirixido por René Pacheco e formado por persoas voluntarias chegadas de diferentes puntos, deu coa sepultura do represaliado grazas á investigación realizada polo historiador Alejandro Rodríguez, cuxa información foi localizada no Arquivo do Tribunal Militar Territorial IV de Ferrol.


Segundo indicou a asociación, o achado dos restos, "con evidentes signos de violencia", será denunciado no cuartel da Garda Civil de Quiroga polo coordinador e vicepresidente da ARMH, Marco González.


A pesar de que non tiña unha filiación política ou sindical coñecida, o día 31 de outubro de 1936 tres falanxistas de Carracedelo e Toral dos Vaos (León) presentáronse na casa na que residía Xullo Belo, natural de Carucedo, xunto coa súa familia, co obxectivo de detelo e interrogalo. Aos poucos metros foi asasinado e o seu cadáver arroxado ás augas do río Sil.

relacionada ​Lembranza a Bóveda no 80 aniversario do seu fusilamento
relacionada Atopan na Pobra do Brollón os restos de dous asasinados polo franquismo
relacionada ​O BNG aposta por unha lei galega de recuperación de memoria histórica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE