PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M

Atopan na Pobra do Brollón os restos de dous asasinados polo franquismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica exhumará os seus corpos para entregárllelos ás familias. Cren coñecer xa as súas identidades.

Redacción
Redacción
| viernes, 1 de julio de 2016, 12:08
  • 0
ARCHIVADO EN | franquismo ARMH Probra do Brollón fosa común asesinados resistencia

Franquismofosas


A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) atopou a fosa común cos restos de dúas persoas asasinadas pola represión da ditadura franquista na parroquia de Castroncelos, no Concello da Pobra do Brollón (Lugo).


A asociación poñerá este venres a denuncia pola aparición de restos humanos ante o xulgado de Monforte (Lugo) para que a xustiza investigue o crime, segundo dita a lei de Axuizamento Criminal española e a Convención contra a Desaparición Forzada da ONU. Ademais, exhumará os seus corpos para entregarllos ás súas familias unha vez sexan identificados.


Segundo informa esta asociación nun comunicado, a investigación apunta a que os asasinados son José Rodríguez Silvosa e Ramón Somoza Álvarez.


José Rodríguez Silvosa era natural de Lugo, onde nacera, supostamente, en 1907. Era fillo de José Rodríguez e Estrela Silvosa, viúvo de Julia Expósito e tiña tres fillos, chamados José, Ermidas e Enriqueta. A súa profesión era a de xastre, e levaba residindo en Monforte desde 1936, poucos meses antes do estalido do golpe de estado.


Tras "participar na resistencia ao golpe de estado en Monforte de Lemos, e desde o fracaso desta e a toma das forzas militares e falanxistas do control, vese obrigado a fuxir ás montañas, xa que se lle acusa de maneira directa da morte, durante os tiroteos producidos o día 22 de xullo, do falanxista José Expósito". Permanecerá como fuxido ata o 10 de xullo de 1938, cando é localizado e detido, aínda que se ignora as circunstancias concretas desta detención.


Pola súa banda, Ramón Somoza Álvarez era natural de Ponche Canedo (Santiago dás Caldas, Ourense), onde nacera en 1899. Era fillo de Rodrigo e Eudosia, de estado civil solteiro e de profesión, gandeiro. Pertencía ao Partido Socialista de Monforte, do cal foi concelleiro durante a II República.


Ramón Somoza Álvarez foi condenado a seis anos de prisión uns meses antes da revolución de outubro de 1934, implicado nun depósito de dinamita xunto con varios membros máis do PSOE, aínda que con posterioridade foi amnistiado, segundo o relato da ARMH.


"Do mesmo xeito que José, Ramón participou na resistencia que existiu en Monforte contra os militares sublevados contra o goberno republicano, pero finalmente escapa ao monte a finais de xullo de 1936". Permanecerá nesta condición ata o 11 de xullo de 1938, en que foi detido.

relacionada A Deputación de Pontevedra eliminará símbolos e distincións relacionados co franquismo
relacionada El alcalde de Baralla (Lugo) afirma que "no tiene sentido" denunciar a Fiscalía sus declaraciones sobre el franquismo
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Villarino acata la decisión de la ejecutiva del PSdeG, que tendrá el peso en la decisión en Ourense

La Diputación de Lugo se mantiene en manos de PSOE y BNG, a falta de cerrar el recuento de votos nulos

La CIG entrega un escrito en la Xunta para pedir que el próximo curso empiece ya con el horario lectivo previo a 2011

Alfonso Rueda incide en la necesidad de actualizar los protocolos laborales para prevenir y reducir los accidentes

Cabeceralomasleido 1
1
Así se piden los cientos de empleos ya disponibles en Stellantis, que la CUT advierte son precarios
2
Hackers amenazan con publicar fotos de DNI de clientes de R Cable y otros datos personales, incluídos los del lehendakari Urkullu
3
¿Fin a la huelga del metal en Lugo? Principio de acuerdo entre patronal y sindicatos para un nuevo convenio
4
Segundo caso de ébola en España, una mujer en el País Vasco procedente de África
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora