#Claves de la semana
TAMBEN APROBOU 14 MILLONS MAIS PARA SERVICIOS BASICOS

A Deputación de Pontevedra eliminará símbolos e distincións relacionados co franquismo

Tambén modifica o orzamento para "incrementar os recursos para servicios básicos", no mismo pleno


|

O deputado de Marea, Xosé Lois Jácome, durante o Pleno da Diputción de pontevedra este venres 


A Deputación de Pontevedra procederá á eliminación, supresión ou anulación de todos os acordos, distincións ou símbolos que se realizaron desde a institución provincial e que reflictan a adhesión ou calquera tipo de colaboración coa ditadura franquista.


Esta iniciativa, que parte do goberno provincial, foi aprobada este venres en pleno e incluirá unha "condena expresa" ao golpe de estado de 1936 e á ditadura que se estableceu en España ata a morte de Franco en 1975.

Con este acordo, o deputado de Marea Vigo Xosé Lois Jácome retirou unha moción na que solicitaba a retirada da medalla da provincia á Sección Feminina da Falanxe Española, unha organización que cualificou de "antidemocrática" e que tivo un "papel decisivo" na estratexia política da ditadura.

Jácome solicitou, en todo caso, que se marque un prazo temporal para proceder á retirada de todos os apoios mostrados ao réxime franquista e que se faga pública a lista de distincións e símbolos que se vaian a retirar.

Ademais, a Deputación de Pontevedra inclúe no acordo o compromiso de organizar este mesmo ano un amplo programa de actividades ao redor da memoria histórica.

Unha destas actividades será unha homenaxe pública aos cargos políticos e aos traballadores da institución que foron vítimas da represión franquista. 


14 millóns máis para servizos básicos


O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou no pleno provincial deste venres cos votos de PSOE e BNG e a abstención de Marea, unha modificación orzamentaria que, segundo explicou o responsable de economía e deputado Carlos López Font, "incrementará en 14.644.100 euros os recursos que se destinarán este ano a servizos básicos aos cidadáns".


A metade desta incorporación farase como créditos extraordinarios por importe de 7.370.000 euros. A outra metade, 7.274.000 euros, serán para incrementar partidas existentes e insuficientes nos orzamentos de 2016.

Os novos créditos financiaranse con aforro propio procedente de exercicios anteriores, polo que "no suponen aumentar deuda".


Os gastos son dirixidos a proxectos de "interés general, social, asistencial y de refuerzo de la colaboración con los concellos", dixo Font. Segundo desglosou na súa intervención as partidas que aumentan en crédito pertencen fundamentalmente ás áreas de Deportes, un 28,3%; Cooperación cos concellos, un 22,3%; e Mobilidade, un 21,4%.

Estas áreas, que xestionan servizos básicos municipais e provinciais, absorben o 72% do total de suplemento de créditos desta proposta.


Cohesión Social e Xuventude, o Centro Príncipe Felipe e Igualdade reciben un 19% do suplemento total. O 18,5% adícase ao fomento do emprego e o 5% do suplemento de crédito engadido diríxese á promoción da cultura e a ampliar a oferta do Museo con adquisicións e subministracións.


"FRACASO ANUNCIADO"


A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, indicou que esta modificación de crédito é un "fracaso anunciado" xa que "confirma o que dixemos os populares cando presentaron o orzamento".

Neste senso recomendoulles o goberno bipartito PSOE-BNG que "non cuspan ao ceo que lles pode caer na cara", en referencia ás críticas feitas no seu día ao seu grupo polo goberno provincial no debate do presuposto porque "cando agora con esta modificación veñen a darnos a razón".


"CAMBIO DE MODELO"


No peche do debate deste punto na orde do día do Pleno, Carlos Font subliñou que esta modificación do orzamento "es mucho más" que un aumento de recursos para "dar respuesta a todos los compromisos que adquirimos como gobierno". Segundo afirmou "es una muestra inequívoca de que cambiamos radicalmente con el modelo anterior, al que siempre nos opusimos frontalmente", respecto a "discrecionalidad" do goberno anterior do Partido Popular.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE