#Claves de la semana

​WWF: "Os incendios non teñen por que ser un mal endémico"

A organización dedicada á conservación da natureza pide ao próximo presidente da Xunta cambiar a "curtopracista" política forestal.


|

Bosqueeucaliptos


A organización WWF (World Wildlife Fund) publicou este martes unha carta aberta dirixida a todos os candidatos á Presidencia da Xunta para pedirlles "un cambio na visión curtopracista da política forestal e a loita contra os incendios" en Galicia.


Diso informou a través dun comunicado, no que sinalou que os incendios "non teñen por que ser un mal endémico" da comunidade pero que "é necesario revisar as prioridades na loita contra o lume".


Ao seu xuízo, deberíase dar á prevención "a mesma importancia económica" que á extinción e "recuperar os bosques abandonados para aproveitar o enorme potencial económico do sector forestal" en Galicia.


Así mesmo, WWF recomendou poñer en marcha "programas de intervención social" a fin de "reducir o uso do lume como ferramenta de xestión", así como fomentar bosques autóctonos "máis resistentes ao lume". Todo iso, segundo esta organización, "reduciría o impacto dos incendios" en Galicia.

relacionada Centos de persoas protestan por uns montes convertidos nunha "polvoreira"
relacionada ​Fixar poboación no rural e cambiar o modelo forestal, claves para “apagar” os incendios
relacionada As pistas forestais, imaxe da política de prevención de lumes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE