​Fixar poboación no rural e cambiar o modelo forestal, claves para “apagar” os incendios

|


Manifestacionrural


A APDR de Pontevedra vén de convocar unha concentración cidadá contra os incendios forestais que se celebrará mañá, xoves día 18, ás 20:30 horas na Praza da Peregrina, en Pontevedra.


O colectivo ambiental sinala que, "independentemente de que a man humana estea detrás" da orixe de moitos lumes, existe unha "mala política" de mantemento dos montes, polo que reclama un "cambio" no modelo actual. Estas declaracións prodúcense despois de que a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, tachase os incendios sucedidos estes días como "atentados", en referencia ao carácter criminal dos perpetradores.


O presidente da APDR, Antón Masa, destacou que "os incendios se teñen que apagar no inverno", en alusión ao carácter "fundamental" da prevención fronte a "a gran cantidade de diñeiro que se gasta en extinción".


O colectivo denuncia que o “abandono case secular do rural e a falta dunha política forestal axeitada” son os causantes dos incendios. Denuncian tamén un “modelo baseado na implantación dun monocultivo de eucaliptos”, que “impide na práctica a diversidade de usos, que provoca a proliferación de material altamente combustíbel no monte”.

relacionada ​La Conselleira de Medio Rural: "Los incendios son atentados contra la vida de las personas"
relacionada ​O alcalde de Soutomaior: “Quen o prendeu, sabía a barbaridade que facía”
relacionada ​Primera gran concentración contra la “mala política” de gestión de los incendios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress