Un incendio forestal en Nogueira de Ramuín afecta á Ribeira Sacra
Segundo datos facilitados pola Consellaría de Medio Rural, o incendio comezou en Vilar de Cerceda e xa supera as 50 hectáreas.
Imaxe do incendio en Nogueira de Ramuín // @UGTForestaisGZ
Medios de extinción de incendios traballan para atallar un lume forestal que permanece activo no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense).
Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural o incendio na parroquia de Vilar de Cerreda e supera as 50 hectáreas.
Actualmente, as chamas afectan os Canóns do Sil e por tanto á paraxe natural da Ribeira Sacra. Na imaxe de arriba podemos apreciar a localización exacta do lume compartida por @briflaza.
Tres avións anfibios 'Canadair', de 5.500 litros de capacidade de descarga, da base de Lavacolla, foron enviados para colaborar na extinción do incendio. Tamén se desprazou a este incendio un avión de comunicacións (ACO), da base de Matacán (Salamanca); e unha Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF), cos seus dous helicópteros biturbina de 1.200 litros de capacidade, da base de Laza.
A VEIGA
Tamén no Concello de A Veiga o lume arrasou máis de 50 hectáreas, segundo os cálculos da Consellaría de Medio Rural. As lapas afectan á parroquia de Meixide. Traballan no seu control 2 técnicos, 3 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas, 5 helicópteros e 4 avións.
Ó mesmo tempo hai incendios activos de menor importancia nos municipios de Cartelle, A Peroxa, Toén, Laza e Ramirás.
Escribe tu comentario