#Claves de la semana

​Ferrol inicia a remunicipalización da luz

Suárez aclarou este mércores que se trata dunha decisión “política” na que prima “o interese económico para o Concello”


|

Ferrol 4


O goberno local de Jorge Suárez vén de anunciar a renuncia do contrato de subministración e mantemento eléctrico promovido polo PP no anterior mandato despois de que un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia avalase a remunicipalización do servizo por parte do consistorio ferrolán, informa Praza Pública.


Suárez aclarou este mércores que se trata dunha decisión “política” na que prima “o interese económico para o Concello”. É o primeiro gran contrato dunha cidade que avanza nese sentido e o alcalde subliñou que xa disponen dun informe para levalo a cabo aínda que este terá que pasar polo xefe de Contratación, Intervención e Secretaría do Concello. Suárez mostrouse convencido de que o plan poderá executarse “sen problema co apoio de toda a corporación”.


Jorge Suárez situou esta decisión na liña de remunicipalizar servizos e frear políticas antigas e prexudiciais para a cidadanía, aínda que recoñece que son "batallas duras no marco lexislativo actual". O alcalde compareceu para anunciar a decisión xunto primeira tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, e aos concelleiros de Germán Costoya e Álvaro Montes, de Servizos e Participación.


“É unha boa decisión, plenamente xustificada. Non podemos perder o control sobre unha subministración tan esencial como é a eléctrica. É unha enorme satisfacción poder ter conseguido o primeiro obxectivo da nosa folla de ruta no camiño da remunicipalización de servizos”, concluíu Costoya. “O público para o público” fronte á “submisión ás empresas do antigo goberno de Rey Varela”, rematou Sestayo.

relacionada O Concello de Ferrol dá o primeiro paso para analizar unha remunicipalización do servizo de auga
relacionada El alcalde de Ferrol apunta que los plazos de las remunicipalizaciones las marca su gobierno y no la ejecutiva del PSOE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE