Localizados artefactos incendiarios en Xinzo de Limia e Ponte Caldelas

|


Artefactoincendiario 1


A Garda Civil e efectivos municipais confirmaron a localización de dous tipos diferentes de artefactos incendiarios en montes da localidade ourensá de Xinzo de Limia e na pontevedresa de Ponte Caldelas.


En concreto, axentes da Garda Civil de Ourense que se atopaban realizando labores de vixilancia e prevención de seguridade cidadá, localizaron no punto quilométrico 196,3 da N-525, en Xinzo de Limia, un conato de incendio dun metro cadrado de extensión, que afectaba a herba seca e follas.


Tras extinguir o lume por medios mecánicos, os axentes observaron un obxecto que se atopaba no interior da superficie queimada e que resultou ser un artefacto incendiario formado por un parafuso de grandes dimensións que tiña encostado un pequeno hato de mistos e unha mecha. A Garda Civil busca ao responsable ou responsables deste suceso.


Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas informou de que ao redor das 20,00 horas deste venres caeron sobre a parroquia da Reigosa dous "paracaídas incendiarios, presuntamente lanzados desde unha avioneta".


O alcalde, Andrés Díaz, expresou o seu agradecemento aos veciños que, coa súa rápida intervención, apagaron o conato de incendio que se iniciou na zona, próxima a vivendas e a dous polígonos industriais.


Os artefactos, compostos por un paracaídas, cordeis e cilindros de material combustible ardendo, foron entregados á Garda Civil de Ponte Caldelas para que investigue os feitos.



relacionada Hallados tres artefactos incendiarios en montes de Boborás, Redondela y Porto do Son
relacionada ​La lista de incendiarios detenidos sigue engordando

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress