#Claves de la semana

​Errejón acusa a Feijóo de facer da Xunta o seu "campo de negocios"

Defende a alianza 'in extremis' con En Marea: "foi como gañamos as alcaldías dalgunhas das cidades máis importantes de Galicia"


|

Errejonbilbao


O secretario político de Podemos e portavoz da formación no Congreso, Iñigo Errejón, mostrouse seguro este venres da candidatura de confluencia coa que a súa formación concorrerá ás eleccións do 25 de setembro, nas que, indicou "o que se xoga é se Feijóo vai continuar facendo da Xunta o seu campo de negocios particular".

Nun acto en Bilbao, Errejón indicou que Podemos concorrerá ás galegas nunha candidatura da que forman parte "diferentes actores políticos sociais, moitos sectores cidadáns e as mareas municipalistas que conquistaron as principais cidades de Galicia para poñelas ao servizo da cidadanía".

"E con esa forza é coa que acudimos a unhas eleccións nas que o que se está xogando é se o señor Feijóo vai continuar facendo da Xunta de Galicia o seu campo de negocios particular ou se imos ser capaces de articular unha maioría para os galegos", manifestou.

Segundo indicou, a esta "data importante", Podemos acode "con moitos compañeiros de viaxe", cos que xa acudiu "nas eleccións estatais, con magníficos resultados". "Foi como gañamos as alcaldías dalgunhas das cidades máis importantes de Galicia para a xente corrente, para a xente traballadora", resumiu.

relacionada ​La crisis interna en Podemos Galicia llega a los insultos personales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE