​O Materno-Infantil da Coruña segue sen oficina de atención ao paciente

|

Maternoinfantil


Dous anos despois da primeira petición ao respecto, o Hospital Materno-Infantil da Coruña segue sen abrir a Oficina de atención ao paciente e a Xerencia non responde ás solicitudes presentadas pola Coordinadora Anti-Privatización da sanidade Pública.


Así o asegura a plataforma nun comunicado, que lamenta os atrancos que esta ausencia provoca á hora de presentar calquera queixa. No escrito, afirman que, no 2015, nunha charla coa subdirectora de Atención ao Paciente, a doutora Olveira Lorenzo, lles manifestou que "estaban a formar unha persoa para esa oficina e que non se esquecían das peticións".


"Tras máis dun ano de espera, a oficina segue pechada", aseguran. Polo tanto, cren que "non nos deixan outra saída" ca pensar que esas palabras "foron algo para salvar a situación nese momento". E lamentan que non se escoitasen tampouco as peticións feitas en abril de 2015 e 2016 no mesmo sentido, "acompañadas de centos de firmas de doentes".


Con todo, esixen á Xerencia do CHUAC que "cambie de actitude e escoite á cidadanía" en lugar de dar o silencio por resposta.


relacionada ​Reclaman una oficina de atención al paciente en el Materno infantil de A Coruña
relacionada ​El servicio de Medicina Nuclear del Hospital de Lugo se pone en marcha
relacionada ​La silla de ruedas ‘coja’ del Materno Infantil

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress