#Claves de la semana

Os traballadores contra incendios terán a categoría de bombeiros forestais

O pacto acadado polos sindicatos recolle reivindicacións históricas do colectivo coma a progresiva implantación dunha segunda actividade para os empregados de maior idade. 


|

Bomberosforestales2


A Xunta e as organizacións sindicais representativas do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais chegaron este martes a un acordo para partir do cal se considerará aos traballadores contra incendios como bombeiros forestaisunha petición reiterada deste colectivo.


Segundo informou a Administración autonómica a través dun comunicado, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse con membros de CIG, UGT, CC.OO. e CSIF, encontro no que se chegou a este pacto, que tamén inclúe a progresiva implantación dunha segunda actividade para os empregados de maior idade.


Neste sentido, a Xunta sinalou que ambas as partes recoñeceron os riscos laborais deste colectivo, polo que creron necesario a implantación "voluntaria" de tarefas de prevención e apoio loxístico para aquelas persoas con 60 anos cumpridos e que non se acolleron á xubilación parcial. Así, non participarán de forma directa nos labores de extinción de incendios.


O Goberno galego asegurou que este acordo, no seu conxunto, beneficiará a 2.000 profesionais do servizo de loita contra incendios e supoñerá unha "mellora das condicións laborais dos traballadores", o que redundará tamén nunha maior eficacia no desenvolvemento das súas funcións.


TAXAS DE TEMPORALIDADE


Con respecto á redución da taxa de temporalidade, concluíron que se incluirá nas ofertas de emprego público dos próximos anos (2017 a 2020) prazas do persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais co fin de completar a convocatoria de vacantes existentes.


En concreto, a Consellería do Medio Rural comprometeuse a que polo menos un 20% das prazas de emprego público que oferte a Consellería de Facenda neses catro anos (desde o ano que vén ata o 2020) irán destinadas a este persoal.



relacionada Tres meses de contrato para los bomberos forestales
relacionada Agentes medioambientales: “Donde el monte es productivo no se cometen incendios”
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE