#Claves de la semana

Traballadores das ambulancias reclaman que se unifiquen as súas condicións laborais

Lamentan que "o criterio principal" da Xunta para conceder unha contrata sexa "o económico" e non as condicións laborais dos traballadores, que en moitas empresas están "en prácticas" e reciben só o 60 ou 70 por cento do salario.


|

Ambulancias 1


Traballadores das empresas de ambulancia que operan na área sanitaria de Santiago anunciaron que o vindeiro mércores, día 7, protagonizarán unha mobilización na porta do Hospital Clínico para reclamar unha vez máis a unificación das súas condicións laborais.


De non ser escoitadas as súas peticións, convocarán unha acampada xunto a algún organismo público, ademais de protestas durante a campaña para "presionar" non só ás empresas senón tamén á administración.


Os traballadores reclamaron á Xunta que "se implique" no seu conflitovixente desde setembro de 2015, dado que realizan "un servizo público" e dado que os políticos son "os primeiros en atribuírse o mérito cando as cousas van ben".


"DIGNIFICAR O TRABALLO"


"A nosa pretensión é dignificar as condicións de traballo", explicou aos xornalistas Mario Rodríguez, delegado en Casabranca.


Pola súa banda, Pavón lamentou que "o criterio principal" da Xunta para conceder unha contrata sexa "o económico" e non as condicións laborais dos traballadores.


Ademais, denunciou que "hai un importante número de traballadores en prácticas" nestas empresas, co que perciben entre o 60 e o 70 por cento do salario durante dous anos.


Poñer fin a esta "precarización" do persoal, como dixo, súmase ás súas reivindicacións de unificar as condicións dos traballadores.



relacionada ​Ambunova deixou de pagar aos traballadores
relacionada ​Os traballadores das ambulancias esixen na rúa a regularización do sector
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE