​Ambunova deixou de pagar aos traballadores

A empresa de ambulancias, concesionaria do transporte non urxente, quedou fóra de varios concursos en Galicia e está abocada a desaparecer.


|


Ambunova


A empresa de ambulancias Ambunova, concesionaria do transporte non urxente, non aboou o salario do último mes aos seus traballadores, despois de catro meses facéndoo con atraso.

"Non cobramos a día de hoxe e a previsión é que non nos paguen ata que marchen", asegurou este mércores Herminio Rivas, delegado sindical da empresa.

Traballadores de Ambunova concentráronse hoxe na entrada do hospital Clínico de Santiago proclamando "queremos traballar, pero tamén cobrar" para facer ver a súa situación e presionar para que os reciba o Sergas e "tome as medidas que considere oportunas para protexer os traballadores, que, ao final, dependen do Sergas".

Herminio Rivas afirmou que teñen solicitada unha reunión cos responsables de Sanidade, pero que aínda non recibiron resposta. Precisamente, o Conselleiro Jesús Vázquez Almuiña atopábase no CHUS no acto de presentación dun proxecto de innovación sobre o envellecemento. "A ver se con este ruído para aquí e lle podemos expoñer as nosas reivindicacións", desexou Rivas.


Ambunovaambulancia


Ambunova ten gañada unha adxudicación no aeroporto de Madrid-Barajas, pero "está en recurso porque os sindicatos consideran que a oferta económica que presentaron non dá para pagar os salarios nin a infraestrutura". Os concursos aos que optaba en Galicia resolvéronse onte e a empresa non conseguiu ningún.

Desde Ambunova recoñecéronlles aos traballadores que o Sergas, como administración, "é boa pagadora". Por iso, visto que a empresa "non está cumprindo", a intención é intentalo por esa vía. Os traballadores agardan que o Sergas se acabe facendo responsable e asuma o pagamento dos salarios.

relacionada ​Os traballadores de Ambunova sofren "atrasos reiterados" nas súas nóminas
relacionada ​Os traballadores das ambulancias esixen na rúa a regularización do sector
relacionada Reclaman que el Sergas paralice un concurso de ambulancias

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE