Rescatados os cinco tripulantes dun veleiro á deriva na costa de Ribadeo
Cinco persoas foron rescatadas esta noite en Ribadeo (Lugo) despois de que o veleiro no que navegaban quedase sen goberno.

Cinco persoas foron rescatadas esta noite en Ribadeo (Lugo) despois de que o veleiro no que navegaban quedase sen goberno. Os tripulantes estaban, segundo informa o 112, a uns 800 metros da liña de costa, pero non eran capaces de volver a terra.
O 112 recibiu o aviso de Salvamento Marítimo minutos antes das 00,00 horas, e explicou a situación ao servizo de gardacostas e aos efectivos de Protección Civil.
Segundo indicou Salvamento Marítimo ao 112, o veleiro acabou sendo remolcado por unha embarcación procedente do porto de Ribadeo, onde quedou atracado. Todos os seus tripulantes se atopan en perfecto estado de saúde.
Rescatados cuatro tripulantes de una embarcación que chocó contra una batea
Escribe tu comentario